Horario
7:00–00:00
Luns a domingo, 7:00–00:00
- Pagamento con tarxeta, sen moedas
- Autoservizo, sen cita previa
- Atención por WhatsApp
- A reserva remata ás 23:59 do último día que elixas. Depósito e recollida en horario do local: 7:00–00:00.
o que atoparás dentro
Lavadoras de 10 a 19 kg para mantas, edredóns e a colada de toda a semana.
Secadoras rápidas de gran capacidade. Marchas coa roupa seca e quente.
Lavadora exclusiva para mantas e roupa do can. Nunca mesturada coa túa colada — hixiene garantida.
Consigna intelixente: garda maletas, mochilas ou táboas mentres gozas da praia.
Vending dispoñible para que non che falte de nada mentres agardas.
equipaxe · chaves · surf
Taquillas intelixentes para maletas, mochilas e táboas — e para o intercambio de chaves de pisos turísticos entre anfitrión e hóspede. Reserva en liña no portal; depósito e recollida en horario do local, 7:00–00:00.
Mentres xira a colada, senta un anaco. Mesiña e luz do local.
OpenBlue Malpica
Pobo mariñeiro nunha península: dun lado o porto, do outro a praia e o paseo. Costa da Morte, con praias de verdade e sen a masificación.
O porto de Malpica foi baleeiro no século XVII (chegaron mariñeiros vascos e cántabros). Hoxe segue vivo como porto de pesca de baixura: lonxa, barcos e ritmo de mar.
Mentres lavas en OpenBlue, podes tomar algo nas terrazas do paseo mirando ao mar. Logo segues praia, porto ou ruta.
7:00–00:00
Luns a domingo, 7:00–00:00
Rúa A Camuza 24, bajo B
15113 · Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Resolvemos as máis habituais. Se che queda algunha, escríbenos por WhatsApp e contestámosche nun momento.
Desde 4 € segundo o programa e a carga. As máquinas de gran capacidade admiten edredóns e mantas.
Non. Podes pagar con tarxeta nas máquinas.
Reservas no portal en liña, gardas a equipaxe (ou deixas unhas chaves) e recolles en horario do local, 7:00–00:00. A reserva remata ás 23:59 do último día que elixas.
Zona céntrica en Malpica; consulta por WhatsApp se precisas aparcar preto.